Barallobre
Pertence ao modelo de casa de piso que, a partir dunha planta rectangular, conta con baixo, primeiro andar e faiado, cunha cuberta a dúas augas.
Consérvanse os ocos orixinais e a distribución que presentaban, aínda que agora, e froito das modificacións que se introducen coas obras de recuperación, recércanse con placas de granito. Tamén se lle engade de novo un soportal con cuberta de tella apoiado en piares de granito na fachada posterior, moi ao gusto actual.