Barallobre
A casa conta con baixo, piso e baixo cuberta e está construída con cachotería. Na fachada frontal aparecen no piso tres balcóns de ferro forxado sobre unha placa de cemento, os vans das fiestras aparecen recercados tamén con cemento e no baixo ábrense dúas portas nos laterais e unha fiestra na parte central, tamén recercadas por cemento. A cuberta é a dúas augas e estase retellando con tella do país. O espazo exterior frontal da casa está acoutado por un cerramento de cemento.