Casa con balcoada en Formosende

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa con balcoada en Formosende
Fene

Esta casa sitúase nunha costa do lugar de Formosende. Trátase dunha casa que conta con baixo, piso e faiado. Os seus muros aparecen recebados e pintados. Na súa fachada sobresae unha balconada de madeira que percorre todo o primeiro andar e que está construída sobre un piso de pedra. Nas dúas alturas da fachada ábrense catro vans gardando simetría e aparecen todos eles cun recerco pintado de branco.
No lateral ábrese unha única fiestra por cada planta, contando a do piso con tornachuvias. Tanto o balcón como as fiestras están pintados coa mesma tonalidade de verde. A cuberta é de fibrocemento e a dúas augas. Nun dos seus laterais levántase unha cheminea. A vivenda comparte un dos seus muros medianeiros con outra vivenda de menores dimensións.