Casa de piso da Porta do Sol

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso da Porta do Sol
Fene

Esta casa está situada na avenida da Porta do Sol. Trátase dunha vivenda tradicional que foi rehabilitada, circunstancia esta que se aproveitou para dar unha maior altura ao faiado. A casa conta con baixo, piso e baixo cuberta, e a súa planta é rectangular. Os seus muros son de cachotería recintada. Na fachada que se orienta á estrada ábrense seis vans situados simetricamente; trátase de tres fiestras no baixo e tres pequenos balcóns de ferro construídos sobre unha plataforma de pedra na planta.

Todos os vans posúen un recerco, pintado de branco unicamente na planta e no baixo cuberta. A porta de entrada sitúase nun dos laterais xunto con outros vans. No outro lateral ábrese unha pequena fiestra no baixo cuberta e unha portadeaire decorada cunha reixa no piso. A cuberta é de tella curva e a dúas augas. Cerca do seu cumio levántase unha
cheminea recebada con cemento cun remate de tella do país.