Casa de piso na estrada da Fraga
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa de piso na estrada da Fraga
Fene
A súa planta é rectangular e distribúe o seu espazo en tres alturas: baixo, piso e baixo cuberta. Os seus muros están recebados e pintados. Un almofadado decora os esquinais e unhas molduras decorativas marcan no exterior da fachada principal a existencia de diferentes alturas na súa distribución interna.
Os seis vans situados simetricamente na fachada principal presentan un recerco decorativo que remata nun arco rebaixado. No baixo sitúase a porta de entrada e dúas fiestras nos seus lados. Na planta ábrense tres pequenos balcóns sobre unhas ménsulas decoradas con filetes. Os balcóns consisten nunha reixa de ferro forxado. A súa cuberta é a dúas augas e conta con cubrición de tella curva. Aproveitouse unha rehabilitación para dar máis altura ao faiado polo que na cuberta ábrense varias claraboias.