Casa de piso na rúa Alcalde Xerardo Díaz
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa de piso na rúa Alcalde Xerardo Díaz
Fene
Conta con baixo, piso e baixocuberta dentro dunha planta rectangular. Os seus muros son de cachotería, aínda que están recebados e pintados. A fachada é ampla e nela ábrense varios vans; algúns deles, situados todos no baixo, contan cun recerco.
No baixo ábrense tres portas, no centro e nos laterais, e dúas fiestras. Un pequeno muro de cemento delimita o seu espazo frontal, deixando un único oco de entrada á altura da porta central. No piso sobresae o balcón central situado sobre uns canzorros e pechado por unha varanda de ferro forxado. Nos seus lados ábrense tres fiestras de madeira.
A cuberta é a dúas augas e conta con cubrición de tella curva. Sobre ela levántase unha pequena bufarda. A súa fronte está acristalada, mentres que a cuberta é a catro augas con cubrición de tella curva.