Casa de piso na rúa Travesa

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso na rúa Travesa
Fene

Trátase dunha vivenda que conta con baixo, piso e baixocuberta. Os seus muros están recebados e os esquinais aparecen decorados cun almofadado. Na fachada principal unhas molduras separan as diferentes alturas. Nesa fachada a distribución dos vans busca a simetría. En cada planta ábrense tres ocos que contan cun recerco decorativo. Na planta baixa ábrese a porta no centro e dúas fiestras nos laterais que contan cun enreixado decorativo. Na planta ábrense tres pequenos balcóns de cemento, situándose na súa fronte unhas reixas decorativas. Nos laterais ábrense tamén ocos recercados para as diferentes fiestras situadas en todas as alturas que compoñen a vivenda. A cuberta é a dúas augas e remata nunha cornixa de cemento.