Casa do Camiño Grande nº 11

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa do Camiño Grande nº 11
Limodre

Trátase dunha casa de plano rectangular con dúas alturas e tres vans en cada unha delas.
Na planta inferior atópase a entrada principal adornada con recerco superior de tipo xeométrico, motivo que se repite nas ventás dos laterais, que presentan ademais antepeitos de forxa con pequenos arcos gotizantes. No andar superior, destacan as galerías de madeira, que serven de marco ao balcón, que repite os motivos de forxa dos antepeitos dos vans do baixo. Galerías e balcón xeran unha notable alternancia de volumes, cores e materiais que se constitúe como o principal motivo estrutural e decorativo da fachada.
A cumieira preséntase paralela á fachada principal, que subliña o desenvolvemento horizontal da edificación, remarcado pola base saínte do piso. A excesiva horizontalidade queda compensada co eixo lineal marcado pola superposición de porta e balcón e pola decoración dos esquinais imitando despece de pedra.