Magalofes
É unha vivenda labrega de dúas plantas e faiado no seu corpo principal, onde ten un tellado a dúas augas. Ten unha distribución de ocos simétrica nos dous niveis que amosa na fachada principal: dúas ventás e a porta de acceso no centro no caso do baixo, e dúas ventás e unha porta de aire con antepeito de forxado no primeiro andar; nos muros piñóns non conta con ocos.
Cunha volumetría que responde ao modelo de casa composta xa que conta con diferentes corpos edificados en razón da funcionalidade a que atenden, presenta tamén un desenvolvemento lineal polo muro piñón esquerdo a base dun arrimo. A este último úneselle perpendicularmente un alpendre ao que se unen tamén perpendicularmente varias bodegas, o que conforma dese xeito un patio interior.
Os materiais utilizados na edificación son os clásicos na arquitectura popular: muros de cachotería revocados e pintados no bloque principal.