Maniños
Esta vivenda é unha boa mostra de casa de piso tradicional rehabilitada, presentando unha estrutura de baixo, primeiro andar e espazo baixocuberta. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella do país.
Compositivamente obsérvase a clásica distribución de ocos nunha vivenda deste tipo, pequenos e pouco abundantes, reforzados no seu redor con pezas de madeira.
O alpendre co que contaba na fachada frontal a carón da porta de acceso está prolongado na súa cuberta para protexela. Os muros son de cachotería á vista recintada.