Maniños
Ten unha planta rectangular que interiormente se distribúe en baixo, planta e baixo cuberta, aínda que nas modificacións que foron realizadas nesta casa introducíronse importantes cambios, especialmente na planta baixa, onde se pecharon varios vans e se abriu un gran portalón de madeira nun dos laterais. O primeiro andar conserva máis características similares ás que tiña esta casa no pasado. Ábrense varios ocos nas fachadas para situar fiestras que, no lateral, aínda conservan os tornachuvias. Os muros de toda a vivenda aparecen recebados pero sen pintar. A cuberta é a dúas augas e conta con cubrición de fibrocemento, aínda que con algúns reforzos ou ornamentos de tella curva.