Maniños
Situada ao lado mesmo do mar, no lugar da Ribeira, é este un exemplo de casa de piso rehabilitada. En realidade pode observarse que son dúas casas apegadas nas que tamén se fixeron ampliacións tal como pode comprobarse na configuración da cachotería dos muros, que hoxe están á vista e recintados. O conxunto responde así a unha planta rectangular con dúas alturas e faiado, con cuberta a dúas augas e cubrición con tella do país. É a nova cuberta que abarca todo o conxunto o que unifica visualmente a edificación.