Casa de piso rehabilitada en Chao da Aldea

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso rehabilitada en Chao da Aldea
Maniños

No lugar de Chao da Aldea á carón dunha casa indiana, atópase esta casa de piso tradicional en proceso de rehabilitación. É unha construción sinxela, de baixo e primeiro andar, a partir dunha planta cadrada. Ten a cuberta a dúas augas e a cubrición con tella do país. A distribución de vans é a habitual neste tipo de vivendas, apenas un nas laterais e situados fundamentalmente na fachada frontal. Os muros de cachotería de pedra están sendo restaurados á moda actual de deixalos á vista e recintados.