Casa na estrada da Armada

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa na estrada da Armada
Maniños

Na beira da estrada de Limodre a Maniños, preto do parque, atópase este exemplo de vivenda tradicional que, segundo os veciños, é a mais antiga da zona. É unha casa composta de dous corpos a diferente altura, un de baixo e piso e outro, mais pequeno, de baixo e faiado. O muro é de cachotería e os vans son rectangulares e de pequeno tamaño e na actualidade preséntase lucida en cor clara cos contornos dos vans en contraste. A cuberta, que segue a volumetría a dúas alturas da casa, é a dúas augas, de tella do país.