Casa con solaina no Pachuzo

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa con solaina no Pachuzo
Perlío

Situada no lugar do Pachuzo a carón da pista atópase esta vivenda tradicional que se corresponde cunha casa de piso moi reformada. O que sen dubida é o elemento máis singular desta edificación vén dado polo acceso arbitrado para subir o primeiro andar. Ese acceso, articulado polo exterior, a carón dun dos muros piñóns, consiste nunha escaleira de pedra que dá lugar a unha solaina ou balcón que ocupa a totalidade da fachada paralela, realizada en granito. Como elementos de apoio a solaina ten catro grandes canzorros, e para sustentar a cuberta recórrese a esteos de madeira; conta ademais nun dos extremos cun habitáculo onde se sitúa un retrete. A protección da solaina é unha estrutura maciza e continúase no pasamáns da escaleira.