Casa de piso na estrada de Fraga

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso na estrada de Fraga
Perlío

Esta casa está situada na estrada da Fraga. A pesar das diferentes modificacións que se lle foron realizando, conserva aínda moitas das características propias dunha casa tradicional. Conta a vivenda con baixo, piso e faiado, os seus muros aparecen recebados e pintados, os vans que se abren nos muros para as fiestras e as portas están recercados. A cuberta é de tella do país, está estruturada a tres augas e sobre ela aparece unha cheminea. Nun dos seus laterais levántase unha bodega dunha soa altura, cos muros recebados e pintados e cuberta de tella curva a dúas augas. Pola parte traseira a casa conta cun patio ao que lle dá sombra unha parra, ao seu redor articúlanse diferentes dependencias auxiliares da casa. De feito nun dos seus laterais atópase un pequeno hórreo de cemento e ladrillo cunha cuberta de tella curva a catro augas. Todo o terreo aparece pechado por un pequeno valado de cemento.