Casa de piso na rúa Cruceiro
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa de piso na rúa Cruceiro
Perlío
No Castro, na Rúa Cruceiro, podemos ver este bo exemplo de casa de piso tradicional á que se accede despois de transitar por un camiño a carón dun muro de pedra e pasar por debaixo dunha parra que dá paso a un patio frontal.
Trátase dunha vivenda de importantes dimensións con planta terrea, primeiro andar e faiado, elevados sobre unha planta rectangular, e culminados cunha cuberta a dúas augas que conta con cubrición de tella do país, e na que se ergue unha sólida cheminea.
O material dos muros é a pedra de granito con revoco e pintada. O perímetro das ventás está resaltado e, como no caso da porta, as xambas e a lumieira son dunha única peza de granito.
Na fachada frontal, na súa parte dereita, existe un arrimo que chega á base do primeiro andar e conta cunha soa vertente a base de fibrocemento.