Casa e alpendre na rúa Maroño

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa e alpendre na rúa Maroño
Perlío

Esta casa situada na rúa Maroño, hoxe deshabitada, está formada por baixo e baixocuberta. Os seus muros están construídos con cachotería. Os vans aparecen cun recerco de cemento, aínda que parece que foron modificados para aumentar o seu tamaño. A cuberta é de tella do país e a dúas augas. A un dos seus lados aparece acaroado á vivenda un alpendre que sufriu bastantes modificacións. Un dos seus muros de cachotería desapareceu o foi levantado outro muro de bloques sen recebar. Outra das súas partes aparece recebada. A cuberta é de fibrocemento e a unha única auga.