Casa de piso con dous alpendres

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso con dous alpendres
Sillobre

Casa de piso en Belelle que repite a tipoloxía de vivenda rural tradicional con máis presenza no concello: un volume prismático de baixo, primeiro andar e faiado, que ten a cuberta a dúas augas e a cumieira paralela á fachada frontal. A este corpo central engádenselle dous arrimos, un á fronte e o outro no lateral dereito, tratándose en ambos os dous casos de alpendres.