Casa de piso con estructura de sobrado

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso con estructura de sobrado
Sillobre

No lugar de Belelle está situada esta vivenda, hoxe deshabitada, que serve como mostra do paso da casa de sobrado á casa de piso. Nela vemos que a pesares de contar con dúas plantas, a segunda non está plenamente desenvolvida xa que a actual cuberta a dúas augas foi unha reforma posterior que se lle fixo á estrutura orixinal. A distribución dos ocos ten máis correspondencia co que sería unha organización interna do espazo propia dunha casa de sobrado na que este se amplía cubrindo tamén a cociña. Algo similar pódese dicir das ventás que non son todas da mesma época senón que algunhas foron abertas posteriormente. Destacan as dúas máis antigas nas que se observa un forte contraste no tamaño das pedras utilizadas para as agullas, tranqueiros, peitorís e lumieiras.