Casa de piso da Corbeira

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso da Corbeira
Sillobre

Na Corbeira atopamos esta vivenda rural que amosa unha serie de peculiaridades. Trátase dunha edificación de pequenas dimensións cunha planta case cadrada con baixo e faiado, e coa cuberta a dúas augas con tella plana. Os muros son de cachotería de granito.
A fachada principal está situada nun dos muros piñóns e conta alí cos únicos vans deste corpo, cunha porta central que ten unha ventá a cada lado, e cunha ventá tamén na altura do faiado. A vivenda conta con desenvolvemento perpendicular, xa que ten arrimado ao muro lateral esquerdo unha bodega con cuberta a unha auga que arranca dende o beiril do volume principal. Asemade presenta un desenvolvemento liñal no muro piñón traseiro ao que xustapón unha bodega baixa que continua os muros laterais da vivenda, e conta con cuberta a dúas augas.