Sillobre
Casa tradicional de piso en Lubián que amosa todas as características deste tipo de construción: planta rectangular desenvolvida en baixo e primeiro andar con cuberta a dúas augas paralela á fachada frontal. Neste caso destaca o alpendre co que conta a vivenda naparte da fronte, que vai seguindo no seu muro a curvatura do camiño co que linda.