Sillobre
Esta casa de piso está situada no lugar do Ameneiro ao carón do camiño. Corresponde ao tipo de casa de piso tradicional, de planta rectangular sobre a que se eleva o baixo, primeiro andar e o faiado, con cuberta a dúas augas. Os muros están realizados a base de cachotería de granito.
Ten nun dos seus muros laterais arrimado un alpendre con cuberta a unha auga apoiada na fachada lateral da casa, nun muro en L que lle serve de cerramento. Detrás deste alpendre está situado un hórreo.
A fachada frontal ten no baixo dúas portas, unha para a vivenda e outra para a corte, e sobre cada unha delas, pero xa no primeiro andar, unha ventá. Na fachada traseira conta cunha porta de acceso enfrontada á da fachada dianteira, e unha ventá á sua dereita correspondendo co vertedeiro da cociña; no primeiro andar ten nesa mesma fachada tres ventás.
Como trazo que singulariza esta edificación cabe citar os arcos rebaixados que coroan os linteis das portas enfrontadas da vivenda.