Sillobre
Casa de piso situada no lugar de Belelle, que responde coas características clásicas deste tipo de vivenda no mundo rural. É unha construción de planta rectangular que constitúe o núcleo básico arredor do que se agrupan as dependencias adxectivas. A partir desa planta elévanse o baixo, o primeiro andar e o faiado, coa cuberta a dúas augas. Conta cun arrimo á parede traseira da casa e un alpendre separado da casa e hoxe usado como cocheira. Tamén conta cun hórreo de madeira cuxa base de pedra foi reforzada con cemento.