Casa de piso na costa dos Regueiros
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa de piso na costa dos Regueiros
Sillobre
Esta casa-vivenda de piso deshabitada está situada na Costa dos Requeiros, na que aínda se conservan varias vivendas tradicionais situadas a ambas as beiras do camiño, que está nunha pendente. Esta casa ten un valado de cachotes que marcan os límites do terreo coas outras casas, e nun tramo tamén actúa como muro de contención dado o desnivel do camiño respecto á parcela en que se sitúa a casa. Ese valado crea un pequeno patio de entrada á vivenda, noutros tempos pechado cunha cancela de madeira da que aínda quedan restos.
Presenta a habitual planta cadrada con baixo e primeiro andar e cuberta a dúas augas. Os muros son a base de cachotería miúda e emprégase para o enmarcado das ventás a madeira. Na fachada frontal ten dúas ventás no primeiro andar e unha soa no baixo a carón da porta de madeira de dúas follas que dá acceso a todas as dependencias da edificación.