Casa de piso no Barreiro

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso no Barreiro
Sillobre

Situada no lugar do Barreiro trátase dun exemplo de casa de piso tradicional do rural fenés. Co clásico volume prismático deste tipo de edificacións e a cuberta a dúas augas, ten a cubrición realizada con lousas de xisto. As fachadas están lucidas e caleadas.
Esta casa-vivenda illada forma conxunto ademais cunha serie de construcións adxectivas moi singulares pola súa boa conservación, e por ser un dos mellores exemplos deste tipo en todo o concello: conta cun magnífico hórreo coa cámara de madeira e as cepas de cachotería, un singular alpendre de pedra, e ao outro lado do terreo, dando así lugar a un patio. Na fronte da construción está unha casa de sobrado tamén nun moi bo estado de conservación que foi a primeira vivenda familiar.