Casa de piso no Belelle

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso no Belelle
Sillobre

No Belelle está situado este interesante grupo de vivendas rurais tradicionais con dependencias adxectivas. Consiste en dúas casas de piso de volume prismático con cubertas a dúas augas con cubrición a base de follas de xisto. Nunha desas vivendas pódese ver a fixación das lousas no cumio da cuberta polo procedemento de ir subíndoas alternativamente e sobrepasando a liña do cumial, para suxeitalas entre elas facéndolles unhas fendeduras laterais.
As construcións adxectivas están situadas no contorno das vivendas conformando un pequeno patio aberto. Destaca o alpendre e a bodega arrimados, formando un só corpo onde se aprecian perfectamente o uso para construír o muro do alpendre a base de grandes cachotes de granito, e diferéncianse do muro da bodega na que a cachotería, de menor tamaño, está lucida e conserva vestixios de ter estado pintada.