Casa de piso no Taboado

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso no Taboado
Sillobre

No lugar do Taboado está situada nun alto esta casa de piso rural nunha parcela rodeada dun muro de pedra onde tamén hai construcións adxectivas, entre elas un hórreo perfectamente conservado. Ten dúas plantas, baixo e primeiro andar e o tellado neste caso é a catro augas, empregando para a cubrición a tella do país. Na parte frontal da edificación, que actualmente está deshabitada, aínda hai unha parra que cobre todo o patio. É, dada a súa boa conservación tanto da vivenda como das outras dependencias da casa, un bo exemplo deste tipo de construción de carácter rural, testemuña dunha forma de vida que noutros tempos foi maioritaria na parroquia.