Casa de piso rehabilitada. Belelle
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa de piso rehabilitada. Belelle
Sillobre
Situada no lugar de Belelle trátase dunha das moitas casas de piso que alí hai, esta da que nos ocupamos rehabilitada pero conservando todo o sabor dunha vivenda rural tradicional. É unha casa de piso de dúas plantas e faiado. Presenta un desenvolvemento lineal coa prolongación a través dun dos muros piñóns cun alpendre. No conxunto destaca o hórreo moi ben conservado apoiado en cepas de cachotería de granito, coa cámara de madeira e unha cuberta a catro augas.