Casa de piso Belelle

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa de piso Belelle
Sillobre

No lugar de Belelle está situada esta vivenda, hoxe deshabitada, que sirve como mostra do paso da casa de sobrado á casa de piso. Nela vemos que a pesares de contar con dous andares, o segundo non está plenamente desenvolvido xa que a actual cuberta a dúas augas foi unha reforma posterior que se lle fixo á estrutura orixinal. A distribución dos ocos ten máis correspondencia co que sería unha organización interna do espazo propia dunha casa de sobrado na que éste se amplía cubrindo tamén a cociña. Algo semellante pódese dicir das ventás que non son todas da mesma época senón que algunhas foron abertas posteriormente. Destacan as dúas máis antigas nas que se observa un forte contraste no tamaño das pedras utilizadas para as agullas, tranqueiros, peitorís e lumieiras.