Sillobre
Tratase dunha casa de sobrado que responde en gran medida a configuración clásica deste tipo de vivenda. A cuberta a dúas augas tiña orixinariamente cubrición de tella que actualmente foi substituída por unha de uralitas. Na parte onde esta situada a cociña atópase cara a un lateral, o da entrada, o saínte semicircular correspondente ao forno da casa. Tamén nesa parte dianteira atópase un arrimo, hoxe modificado, de pedra. Distínguese a que é a porta da vivenda á altura da cociña, e logo, algo que xa non se corresponde coa casa de sobrado típica, outra porta para a corte, ambas de dúas follas. Tanto as ventás como as portas están reforzadas no seu perímetro con pedras máis grandes.
O volume principal da vivenda, de planta rectangular ten acaroado, na súa fachada frontal, un alpendre con cuberta a unha auga na parte dereita e na esquina esquerda sobresae a traseira circular do forno.