Casa do Gorrión en Cima de Pedre
Inicio Fene descúbreo Patrimonio histórico Casa do Gorrión en Cima de Pedre
Sillobre
Nunha das zonas máis elevadas do lugar de Pedre está situada esta singular vivenda. Ademais dunha serie de construcións adxectivas existentes dentro e fóra do perímetro do actual terreo, trátase de dúas edificacións que se unen conformando a vivenda. Unha delas presenta a tradicional planta rectangular, de baixo e baixocuberta, con cuberta a dúas augas; este corpo ten un desenvolvemento lineal.
A segunda das edificacións, neste caso de planta rectangular estruturada en baixo, primeiro andar e faiado, ten neste caso unha cuberta a catro augas.
Ademais do singular da súa composición volumétrica, é destacable desta edificación a existencia de elementos decorativos a base de altorrelevos zoomórficos e antropomórficos.
Entre as construcións adxectivas pódese destacar un lavadoiro dentro do patio frontal da casa que está apoiado na esquina do muro que pecha o terreo, así como en trabes de madeira apoiadas tamén nunha chanta.