Casa rehabilitada en Lubián

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa rehabilitada en Lubián
Sillobre

En Lubian atópase este conxunto en que destaca unha casa de piso rehabilitada e reformada que fai medianeira con outra vivenda, e que conta cun interesante alpendre coa fronte aberta e cuberta a dúas augas, malia que unha das vertentes é sensiblemente reducida. Xunto a ela hai un hórreo con cámara de madeira e cuberta a catro augas con cubrición de lousa.