Casa rehabilitada en Pedre

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa rehabilitada en Pedre
Sillobre

Esta casa moi reformada atópase no lugar de Pedre. A súa distribución interna articúlase nun baixo, piso e faiado. Os seus muros son de cachotería, aínda que nalgúns lugares conservouse o seu antigo revoco, por exemplo na fachada no espazo entre as fiestras unhas molduras decorativas sobre o revoco ocultan a cachotería. Na fachada principal ábrense unicamente tres fiestras cun lintel con forma de arco moi rebaixado. No piso construíuse unha galería de aluminio que ocupa toda a fachada utilizando como soporte tres ménsulas que primitivamente poderían albergar uns balcóns. A porta de entrada sitúase nun dos laterais baixo un pequeno portal de madeira e cuberta de tella curva. As fiestras que figuran nos laterais aparecen recercadas. A cuberta é a dúas augas e conta con cubrición de tella curva. Sobre ela elévanse dúas chemineas.