Maniños
Campo da festa de Maniños que foi configurado na súa actual situación pola Sociedade O Pote, aínda que a primeira das parcelas foi adquirida por iniciativa do indiano Andrés Rey Echevarría e dun grupo de veciños da parroquia no ano 1923. A Sociedade O Pote tivo como antecedente a Sociedade de Amigos das Árbores da Parroquia de Maniños constituída no 1925 co obxectivo da celebración da Festa da Árbore tan típica daqueles anos e a plantación de especies arbóreas e vexetais. Xa como Sociedade O Pote organizan a que será a primeira romaría laica coñecida como Romaría do Pote, no mes de setembro de 1933, de gran puxanza durante moitos anos en toda a comarca.
O campo da festa foi enriquecido coa construción dun palco, unha caseta, un poste de iluminación, unha bancada arredor da pista e o peche, que se dotou de dúas entradas.