A Fonte

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   A Fonte
Limodre

Fonte dun só cano realizada no ano 1955. Na súa parte inferior presenta a saída da auga enmarcada, en ambos os lados, por dúas estruturas que serven de bancos. A parte superior remárcase no seu arranque con molduras sinxelas e remata con frontón circular no mesmo eixo vertical da fonte. As molduras (toros e escocias) que o coroan alóngase rectas aos dous lados, complementándose coa liña curva central.