Casa da Cela

Inicio   Fene descúbreo   Patrimonio histórico   Casa da Cela
Fene

Construída no ano 1935 a partir doutra edificación anterior foi experimentando modificacións entre as que destacan a substitución da cuberta pola actual de fibrocemento e o engadido dunha pequena galería nunha das fachadas. Sobre un corpo principal de planta practicamente rectangular sobre o que se levantan dous pisos e o baixocuberta, destaca esta edificación pola multiplicación de volumes de carácter turriforme nos que se engade un piso e mais o conxunto.
Conta cun pequeno soportal de acceso e ten comunicación entre os pisos interior por medio dunha escaleira de madeira. A estrutura vertical da edificación é a base de muro de carga de pedra e ladrillo e a estrutura horizontal a base de vigas de madeira. Na actual configuración destacan os grandes beirís das cubertas así como os seus soportes, propios da arquitectura doméstica rexionalista.
Situada no lugar do Tellado, está pendente de rehabilitación por parte do concello, o seu actual propietario, para dedicala a fins culturais.