O traballo da Xunta Directiva comezou o día 2 de xaneiro de 1952 a partir dese día as reunións serían periódicas. A casa de Manolo Casal funcionou nesa época como local social, a sé do círculo permanecería alí até 1962.
A Biblioteca, cuidadosamente mimada, foi incrementandose, da man de Emilio Marín, o número de libros e de subscricións de prensa, era moi frecuentada así como os xogos de mesa cos que contaba o Círculo.
Os bailes convertéronse en cita obrigada para os asociados (Baile de Entroido, das Flores, do Mantón, fin de Ano e outros; animados polas mellores orquestras daqueles tempos, “López Malde”, “Bellas López”, “Trevol”, “Os Diamantes”…..).
Presidentes nesta primeira etapa:
José Rivera Ruibal (1951-1955)
Juan Eladio Malvar (1955-1959)
Antonio Rivera Roibal (1959-1965)