C.M.I. Unidade de Fene. Segunda etapa: 1962-1992

En febreiro de 1962 asínase o contrato de aluguer, do segundo local social, o denominado Salón de Severa, iniciándose as obras de acondicionamento, que daránse por rematadas coa inauguración no mes de xullo cun amplo programa de actividades. 
        
Durante os anos seguintes desenvólvese no Círculo un amplo e variado repertorio de actividades, tanto recreativas como culturais, entre outros destacamos as seguintes:a primeira exposición individual de Xaquín Marín,  exposicións de pinturas, acuarelas e debuxos de artistas como: Jesús Balado Paz, José Luís González Loureiro, José Tojeiro Sabio, Carlos Martínez Rama, Rafael Castro Estévez, Natalio Arnoso (1961), Jesús Balado (1964), Afesan (1967)…... 

Conferencias a cargo de: Emilio Marín, Rafael Castro Estévez, Enrique Mariñas, Rosario Castells, (Xosé María Pérez Parallé, este poeta será un animador cultural fundamental para o Círculo, entre as súas múltiples actividades estará a de celebrar, desde 1963, o Día das Letras Galegas) , Pedro de Chairo, Alvaro Paradela, Ramón Otero Pedrayo (1971), Xerardo Fernández Albor, Ramón Loureiro…... 

Mentres o Círculo estivo ocupando a chamada Casa Severa os Presidentes foron:

Antonio Rivera Roibal (1962-1965) 
Abel Leonardo López (1965-1967) 
Juan Baltasar Fernández Freire (1967-1969) 
Casiano Castro González (1969-1979) 
Antonio García Riero (1979-1989) 
José Romero López (1989-1992)

Descargas