Entre a primavera e o verán de 1992 danse por terminadas as obras de acondicionamento do local social, En xullo de 1992 a Presidencia da Sociedade pasa de José Romero López a Xullo Santos. O 31 de agosto de 1992 realízase o traslado do Salón de Severa para o novo local sendo a inauguración oficial o día 24 de outubro de 1992, continuando desde ese mesmo momento coas actividades propias da Sociedade, (Letras Galegas, Premio de Poesía, bailes oficiais, ceas bailes, excursións, cursos de cociña-punteo-natación-informática-tenis, bailes de salón, ximnasia de mantemento, fútbol-Sá, escola de fútbol-sá....) que ano tras ano procuramos aumentar e mellorar coa colaboración de todos os nosos asociados.
Durante estes cambios os Presidentes foron:
José Romero López (1989-1992)
Xullo Santos (1992-1996)
Antonio López Castro (1996-1998)
Antonio García Riero (1998-2004)
Fernando J. Rocamonde Crego (2004-2009)
José Manuel Romero Rey (2009-2016)
Paula Romero López (2016-