No ano 1962 nace a Rondalla Estrelecer, formada únicamente por homes e adicada á interpretación instrumental; esta iniciativa perdurou ó longo da década dos sesenta con actuacións en diversas entidades.
Tras un longo paréntese xurdeu unha nova agrupación que conta na actualidade con 38 voces , 3 guitarras , un acordeón; un baixo e unha bandolina. Comeza os seus ensaios a finais do mes de novembro do ano 2003, baixo a dirección de D. Javier Amado.
Esta agrupación fixo a súa primeira actuación o día 23 de outubro do ano 2004 no local da sociedade, arroupados pola Coral Polifónica de San Valentín de Fene e a Coral Polifónica Eixil de Cedeira. A partir da súa presentación participou en distintos eventos (Festival de Panxoliñas do Concello de Fene; concentracións de Corais e Rondallas, actos benéficos, V Certame Internacional de Rondallas e Corais en Ourense, Festival de Vilancicos de Caixa Nova en Vigo e A Coruña, etc). No ano 2009 obtivo o 2ª premio pola música e letra no “Festival de Vilancicos de Caixa Nova” No ano 2010 foi finalista no “Festival de Vilancicos de Caixa Nova”.
A Rondalla Estrelecer conta cun repertorio musical variado (habaneras, foliadas, cancións populares, panxoliñas, etc.), tanto en castelán coma en galego; así como cancións propias, con música e letra de compoñentes da rondalla.