Créase a finais do ano 2010 e presentase o 15 de outubro do 2011 no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene coa obra "Estudantes buscan asistenta".
Nas Letras Galegas do ano 2012 e no C.M.I.U de Fene, lectura dramatizada da obra:"A Subela" de Xosé Maria Pérez Parallé.
O 23 de novembro do 2012 na "Rememoración da homenaxe a Blanco Amor" representouse "O cantar dos cantares" no C.C.R e D Perlío.
O 15 de novembro do 2013 na XXVl edición "Premio Xosé Maria Pérez Parallé representouse a obra "¿Qué facemos coa herdanza?" no C.M.I.U de Fene.
Con esta obra o grupo gaña os seguintes premios o mellor espectáculo e o mellor actor José L. Acosta polo papel de "Chencho".
No "XVII Certamen de Teatro Escolar y Aficionado Candilejas Don Bosco", concedéuselle o premio á mellor actriz a Mari López polo papel de "Reme, tamén foron destacados polos seus papeis José L. Acosta por "Chencho", Matilde Castro por "Tomasa", Tatiana Méndez por "Petra" e Lucía Méndez por "Xacinta".
Na actualidade tense en produción as seguintes obras:"ENGANADOS" e "MAMA E SEÑORA PARA TODO, DECLARASE EN REBELDIA".