ai, garrida lavandeira;
teño dir a San Ramón
lavaim-â miña monteira
A parroquia de Santa Mariña de Sillobre, con 8,7 quilómetros cadrados, é a parroquia máis extensa de Fene. En 2006 sumaba 1.163 habitantes (564 varóns e 599 mulleres). Limita con Neda ao norte, coa parroquia de Fene ao oeste, co concello da Capela ao leste e con Magalofes e Cabanas polo sur.
A poboación distribúese en vinte e oito entidades: Ameneiro, Arriba, Aúlfe, As Bardallas, O Barreiro, Belelle, A Brea de Sillobre, Buio, A Calzada, A Corveira, A Gándara, Gunduriz, A Gurita, A Lagarteira, Lubián, Marraxón, Orra; A Pallota, Pedre, A Pegariña, A Rabadeña, A Rañoa, O Reboredo, O Revolto, A Ribeira, San Marcos, O Souto, Taboado, O Valado, Vilanova e A Visura.
Toponimia
O topónimo Sillobre, segundo Henrique Dacosta, está formado por dúas raíces Sill- que procede do nome persoal latino Silius/Sillius ou do substrato céltico (galo) sil/-is `ocre´, `prixel silvestre´; e -obre: procedente do céltico *bhrgh `altura fortificada como cidadela de refuxio´,`castro´, (>*brig-s>-brix>-bre).
Festas e romarías
- Romaría de San Marco e San Telmo, 25 de abril
- Festa de Santa Mariña, 18 de xullo
- Festa do Mel
- Festa dos Cogumelos
- Romaría de San Ramón e San Roque, 31 de agosto e 1 de setembro