Magalofes

Inicio   Fene descúbreo   As nosas parroquias   Magalofes
Non faltan nas obras de Torrente Ballester as alusións a topónimos do Concello de Fene. (...) En La saga/fuga de J.B. aparece citado o nome de Magalofes. Trátase do lugar onde ten a súa casa un personaxe da novela: o Deán da capela onde se gardaba o Santo Corpo da Virxe rescatada oito séculos antes por un Barallobre, e que (...) acaba de ser roubado non se saben por quen. [J.A. Ponte Far].

San Xurxo de Magalofes ten unha superficie de 5,6 quilómetros cadrados e é a freguesía menos poboada de Fene; segundo o Censo de 2006, ten unicamente 365 habitantes (260 varóns e 268 mulleres).

Magalofes limita ao norte coas parroquias fenesas de Perlío, Fene e Sillobre, ao sur e leste co concello de Cabanas, e ao oeste coa parroquia de Barallobre.

A parroquia conta con 19 entidades de poboación: Basante, Botarixo, Buios, Cadavás, Casal, Codesal, A Cruz, Feal, Fontenova, Pedrón, Peteira, Picas, Pontes, Punxeiro, As Queiras, Redondo, O Rego da Moa, Torre e Xunqueira.

Toponimia

Magalofes é, segundo Henrique Dacosta, un topónimo de orixe híbrida formado por dúas raíces de orixes diferentes: Magal-: tal vez do gregp Megál(o)-, á súa vez de Mégas, Megále, Mega `grande, alto, de elevada estatura´; e -ofes: procedente dun xeninitivo xermánico -ulfe(s)>-olfes>-ofes, do nominativo ulfus (<wulfs, `lobo´).

Festas e romarías

  • San Xurxo, 23 de abril
  • Festa do Cabalo, último domingo de agosto
Descargas