Maniños

Inicio   Fene descúbreo   As nosas parroquias   Maniños
Maniños é máis peculiar e florecente. Tivo varias fábricas de curtidos, hoxe decaídas, e pesca e tráfico de ‘trincados’ (lanchas de 30 ou 50 toneladas), tamén hoxe esmorecendo. Non abondou a labranza e, ademais, un regular número de emigrantes que volveron acomodados van fomentando o casarío e as fincas acoutadas de labranza, con vide, froita e outros produtos que venden en Ferrol. Conta con 336 veciños e 1.217 almas segundo o censo. [Rodrigo Sanz, 1906].

A parroquia de Divino Salvador de Maniños linda ao norte coa ría de Ferrol, coa freguesía de Limodre ao sur, polo oeste con Barallobre e Limodre, e coas parroquias mugardesas de Franza e Piñeiro. En Maniños residen, segundo o Censo de Poboación de 2006, 1.613 habitantes, deles 828 son mulleres e 785 son varóns.

A freguesía ten unha extensión de 2,5 quilómetros cadrados e a súa poboación distribúese nas seguintes entidades: Abeledo, Arangas, Armada, Brea, Cruceiro, Chao da Aldea, Fraga, Garita, Monte, Pereiro, Piñeiro, Prismos e Ribeira.

Topinimia

O topónimo Maniños, segundo apunta Henrique Dacosta, procede do latín hispánico. *Manninu- ‘estéril, que non dá froito’, ‘terreo inclulto’, que, á súa vez, vén do perromano +manna, ‘estéril’.

Festas e romarías

  • O Carme
  • San Salvador, 5 de agosto
  • Romaría do Pote, último domingo de agosto
Descargas