Limodre

Inicio   Fene descúbreo   As nosas parroquias   Limodre
Deixen pois os malévolos de espallar inxurias contra esta escola dicindo que será unha escola laica; non, a escola cubana, coma eu a chamo, será unha escola na que a ninguén se forzará nas súas crenzas relixiosas adquiridas noutras escolas e nas súas casas, porque hai que advertir que a esta escola non se irá a aprender as primeiras letras senón que se esixe para entrar nela a idade determinada; non será unha mala casa de maternidade coa xeneralidade das actuais escolas de aldea a onde se levan os nenos de dous e tres anos para estar amoreados en antihixiénico local. [Jenaro Moreda Martínez, 1910-1911].

Santa Olalla de Limodre ten unha superficie de 3,7 quilómetros cadrados e unha poboación que ascende a 526 habitantes, deles 260 son varóns e 268 mulleres, segundo os datos do Censo de 2006. A parroquia conta con catorce entidades de poboación: O Cal, O Camiño Grande, O Campanario, Coído, O Cotarelo, O Cotillón, A Fonte, A Fraga de Limodre, O Igresario, Portamaón, Rachabordos, Río Castro, Río Sandeu e Souto Vello.

Toponimia

Segundo Henrique Dacosta, o topónimo está formado por dous elementos diferenciados: Lim-: raíz que procede do céltico lïmos/lëmos ‘olmo’; e odre, desinencia que é unha das variantes da terminación -obre procede do céltico *bhrgh ‘altura fortificada como cidadela de refuxio’, ‘castro’, (>*brig-s>-brix>-bre).

Festas, festivais e romarías

  • Santa Olalla, 10 de decembro
  • Felipop, agosto
  • Festa da Orella, agosto
Descargas