Xuntanza de Gaiteiros

Inicio   Que facer   Festas e festivais   Xuntanza de Gaiteiros

A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”, organiza tódolos anos no mes de outubro nas instalacións da SCRD Agarimo de Sillobre, unha Xuntanza de Gaiteiros onde os distintos grupos, bandas ou músicos dan a coñecer, o mellor do seu repertorio, así como o intercambio de proxectos e ideas para potenciar as nosas tradicións e darlle pulo ó uso dos nosos instrumentos tradicionais.

Aprovéitase a celebración da Xuntanza de Gaiteiros para homenaxear a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizara por gardar, recoller, recuperar, aprender e dar a coñecer tanto o baile coma o canto e a nosa música tradicional. É práctica habitual que os/as homenaxeados/as actúen na xuntanza.

“Airiños de Fene” nace no ano 1987 e dende os seus inicios a banda tiña e ten como obxectivo primordial a recuperación, transmisión e difusión da nosa música tradicional, usando sempre instrumentos tradicionais.

Ademais da banda de gaitas,  “Airiños de Fene” conta cun grupo de baile “Cambadela”, dous grupos de cantareiras “Xerfa” e "Xirifeiras" e un coro de voces mixtas “TradiCoro”. As distintas seccións de “Airiños de Fene” están dirixidas por Miguel Doval, Chus Niebla e Gisela Sanmartín.


Airiños de  Fene -  Banda de Gaitas tradicional
Souto grande, 10
15528, Barallobre – Fene (A Coruña)

Teléfono:  686 52 67 75
E-mail:
info@airinosdefene.es
Web:
www.airinosdefene.es