Na parroquia de Limodre existía a tradición de "Cantar o maio", seguramente retomando a ancestral celebración da chegada da primavera e o remate do inverno, para propiciar as boas colleitas.
A asociación de veciños/as de Limodre co empeño de recuperar estas celebracións festexa anualmente Os Maios. Constrúen os maios, adornados con flores e outros elementos como laranxas, cascas de ovos, etc. , acompáñanos cos "cantos de maio" interpretados polas escolas musicais da sociedade e elaboran as alfombras florais.
Na parroquia de Maniños, a Asociación Etnográfica da Natureza “Amigos do Baa” tamén celebra Os Maios, onde os nenos e nenas do colexio Os Casais son os principais protagonistas, recitan poemas e cancións referidos a o mes de maio, decoran unha alfombra e constrúen os maios.