Apertura da Oficina de Turismo

Inicio   Fene hoxe  

Dende o xoves 13 e até o domingo 16 de abril as instalacións atenderán a visitantes e veciños na Semana Santa, en horario de mañá e tarde.

A Oficina de Información Turística do Concello de Fene emprazada na Avenida Naturais estará aberta ao público no seguinte horario: De 10:30 a 13:00  h e de 17:00 a 19:00 h.

A oficina disporá dun servizo de venta de credenciais do Camiño de Santiago para aqueles peregrinos que a poidan necesitar.

Coa apertura da oficina de turismo darase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio, e sobre as actividades culturais, artísticas ou deportivas que se desenvolverán no noso concello ou na comarca.

Teléfono: 981 34 40 82