26-07-2017
O vindeiro 29 de xullo celebrarase a xa tradicional festa VIKINGA do Río Castro.
Despois de doce anos, os vikingos e vikingas continuarán festexando a invasión por mar e por terra.
Do mesmo xeito que en anteriores edicións, ás 18:00 horas as persoas partirán dende a Praia de Almieiras (Río Castro) cara a de Río Sandeo, onde haberá unha gran festa de auga e espuma, acompañada dun pequeno aperitivo e amenizada por música.
Tras a “loita” o grupo vikingo voltará as súas terras, Río Castro, onde continuará a festa. A partir das 22:00 comenzará a cea baixo carpa.
Durante a xornada non faltará a música en directo: Dúo H&C, Sintron ni son, Los limones e un Dj.
Destacar que a organización pon á disposición das persoas participantes unha zona de aparcamento nas inmediacións da Praia de Almieiras e unha zona de acampada.
Bo desembarco!
Inscricións no Bar O’Emigrante (Río Castro- Limodre).
Organiza: Asociación de Vikingos do Río Castro.